Ángeles Roás e Vero Rilo - [sessões de contos]

Contos Colorados - en Boca de Muller [narração em galego]
Moitas mulleres na nosa cultura se xuntaban para contar en secreto o que non podían contar abertamente, así aprendían e axudábanse unhas ás outras e tamén rían e festexaban... e, aínda que no ámbito público o tiñan prohibido, na intimidade as linguas femininas tamén falaban do non permitido, do picante, dos apetitos da carne, dos desexos... Unha sesión de contos que, noutros tempos, serían escandalosos so por saíren boca de donas e señoras. Hoxe atrevémonos a levar ao escenario o que antes se contaba fóra de escena.
Horário e local
Sexta-feira, 7 de novembro, 22:15. Palácio do Egipto
Sessão de Contos [narração em galego]
Horário e local
Sábado, 8 de novembro, 16:30. Palácio do Egipto
Biografias
Ángeles Goás nace no 1972 nun pequeno barrio de Abadín, provincia de Lugo. Recibe os seus primeiros contos da súa tía Victorina e da súa avoa Mamá Flor. Tanto lle gustaron que fixo do escoitar un deber e do contar unha necesidade. Agora leva as historias por todos os recunchos do país e goza enormemente debuxando e creando historias con palabras. Encántalle contar do que lle contan, do que escoita, do que calou de nena… algunas son histoiras tinguidas de realidade, outras coa tinta caprichosa da memoria ou tecidas con fantasía.
Vero Rilo é narradora oral.
Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.
A música está moi presente nos seus traballos a dúo, aínda que por máis que o intente nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.
Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.
Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

